Trevisani, no programa de Televisión de Galicia “Galicia On”
Xa se atopa en liña o programa Galicia On adicado aos eventos e congresos
Galicia On, emitido pola Televisión de Galicia e elaborado dende Adivina Producións, adicou un de seus programas ao mundo dos congresos e eventos.
A conceptualización, producción, realización e comunicación de eventos, congresos e incentivos enchen o espazo.
Así, destácase a importancia do turismo de congresos, xa que é unha forma de atraer viaxeiros que gastan un 30% máis que os que se desprazan por vacacións.
Ademais, cos viaxes de reunións se consegue o desexado obxectivo de desestacionalizar o turismo, xerando negocio, durante todo o ano.
Galicia conta con empresas que integran nos seus servizos a última tecnoloxía capaz de converter calquera presentación ou evento nun espectáculo sorprendente.
“Galicia On” fala con Ana Trevisani, directora de Trevisani e actual presidenta da asociación de Organizadores Profesionales de Congresos; e con outros empregados da empresa.
Tamén aparecen no espazo as opinións de responsables de recintos e outras firmas como Palexco ou Cega Audiovisuales.
Eventos de Trevisani reflexados no programa
No programa pódese disfrutar tamén de algúns dos eventos nos que participamos o pasado ano, como Fòrum Gastronòmic, Fairway, ou Aula Bayer.
Dende Trevisani, queremos agradecer o trato e a profesionalidade de Adivina Producións.
O programa completo aquí.