Trevisani, en FITUR
Ana Trevisani, directora de OPC Galicia e Trevisani, participa na Feira Internacional de Turismo FITUR
Ana Trevisani, directora da empresa de organización de eventos, participou na edición máis visitada de FITUR.
Nela xogou un papel destacado na promoción de Galicia como destino turístico de congresos, xa que formou parte da primeira reunión do sector galego coa Comisión de Turismo do Parlamento de Galicia.
Nesta reunión estiveron presentes seis diputados de varios partidos políticos, que se amosaron moi interesados neste turismo de congresos e reunións promocionado especialmente por OPC Galicia.
Ana Trevisani tamén tivo a oportunidade de reunirse con tódalas comunidades autónomas españolas que estiveron presentes en Fairway, II Fórum do Camiño de Santiago; un evento organizado por Trevisani xunto a Mr. Turismo Marketing e Viajes Viloria.
As comunidades autónomas que constataron nas reunións o éxito de Fairway foron:
- Asturias
- Cantabria
- Euskadi
- Navarra
- Catalunya
- Madrid
- La Rioja
- Castilla León
En palabras de Ana Trevisani: “As comunidades que viñeron só como destino quedaron moi satisfeitas; pero as que viñeron como destino e trouxeron tamén o seu tecido empresarial, como hoteis e albergues que dan servicio no camiño, marcharon aínda máis contentas”.
Destaca ademais, que “a miña sorpresa foi que todos estaban recibindo peticións de cotización por parte dos Hosted Buyers”, polo que se reafirma na boa acollida de Fairway.
En resumo, tanto Trevisani como a comunidade galega obtiveron un resultado positivo en FITUR como destino turístico en xeral, e de congresos e eventos en particular.