Éxito do VI Basket & Cheese na Cidade da Cultura

O xoves 23 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura a mesa redonda ‘Novos modelos de patrocino’ da man do Monbus Obradoiro e a colaboración de Trevisani

Lucía Rodríguez, xornalista e presentadora da TVG, foi a encargada de moderar a mesa redonda ‘Novos modelos de patrocinio’, eixo central do VI Basket & Cheese.

O evento aconteceu na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Santiago.

Nela participaron: Mario J. Hernando, director xeral de World Padel Tour; Toni Muedra, ex director deportivo do Valencia Basket e do Bayern de Munich; Pedro Casado, presidente da consultora de patrocinio InfinitC; Jordi Solá, membro do departamento de Marketing ACB; e Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O evento ao que asistiron máis dun centenar de persoas para disfrutar da unión entre empresa e deporte, rematou cunha maridaxe especial cortesía de Queixería Barral e Estrella Galicia.

Nesta VI Edición de Basket & Cheese, Trevisani levou a cabo algunhas funcións como:

  • Xestión e confirmación de asistencias
  • Apoio en protocolo e relacións públicas
  • Secretaría técnica
  • Apoio no directo

Ademais, cómpre destacar que Trevisani traballa nesta tempada 2017-2018 apoiando ao equipo de marketing do club de baloncesto nos distintos eventos e actos sectoriais que organiza.

O seu persoal auxiliar e azafatas colaboran en distintas tarefas no transcurso dos partidos.

Deste xeito, o persoal auxiliar e as azafatas asisten no palco e máis na zona VIP do Multiusos Fontes do Sar durante os encontros, entregan as follas estatísticas aos medios de comunicación e serven de reforzo aos responsables de protocolo e relacións públicas do club santiagués.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *