Spin 2016 reunirá a milleiros de emprendedores en Santiago de Compostela
Spin 2016 celebrarase do 29 de setembro ao 1 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
O Spin 2016 encara os seus últimos preparativos. Trátase dun congreso que reunirá a investidores e a máis de mil estudantes e emprendedores de Latinoamérica, España e Portugal.
Esta cita é xa a terceira edición dunha gran plataforma para impulsar empresas baseadas no coñecemento e a I+D promovidas polos universitarios. A súa lema é “Creando Cultura Emprendedora” e, para alcanzalo, deseñouse un programa que inclúe charlas, conferencias, marketplace, talleres e seminarios e premios por valor de 100.000 euros.
Entre as actividades que se lle encargaron a Trevisani atópanse:
- Secretaría técnica
- Direción de produción
- Xestión de relatores
- Control de inscricións
- Deseño de espazos e escenografía
- Arquitectura efímera
- Deseño de actividades complementarias
O evento contaba tradicionalmente con dúas categorías: Model2Market, dirixido a iniciativas que aínda non viron a luz, y SmartMoney4Stars, para empresas xa existentes con menos de catro anos de actividade. Este ano incorpórase unha terceira modalidade, The Spin Way, na que os mozos emprendedores percorrerán cen kilómetros do Camiño de Santiago en catro días mentres desenvolven unha idea innovadora de negocio.
Na semifinal do Model2Market hai sete proxectos con selo galego vinculados ás universidades.