Recta final para Spin 2016, o maior evento de emprendemento universitario iberoamericano

cidade-da-cultura-santiago-spin-2016

Xa chega #Spin2016, o grande evento de emprendemento universitario iberoamericano que celebra a súa terceira edición en Santiago de Compostela entre o 29 de setembro e o 1 de outubro, organizado pola Rede Emprendia

Unha cita na que Trevisani achega o traballo de todo o seu equipo para abordar múltiples facetas como protocolo, relacións públicas, secretaría técnica, deseño, escenografía, persoal auxiliar, azafatas, servizos técnicos, arquitectura efémera… moito máis ca organizar un simple congreso.

A cita, de inscrición gratuíta, celébrase na Cidade da Cultura e contará cuns 2.000 participantes chegados de 100 universidades e 20 países. Todos eles contarán cun grande programa de actividades dirixidos aos distintos perfís profesionais: emprendedores, estudantes, investigadores, académicos, empresas e investidores.

Co lema Creando Cultura Emprendedora, o programa de Spin2016 inclúe conferencias, marketplace, seminarios e obradoiros creativos, concertos, actividades de partnering e networking e un foro de investimento no que estarán presentes os principais investidores de América Latina, España e Portugal. Entregaranse ademais premios aos mellores proxectos universitarios que participan nos programas de apoio ao emprendemento no marco do evento.

Completa o evento unha intensa axenda de actividades culturais e de lecer que inclúe o MotorHome Santander Universidades -onde se poderá vivir a experiencia de conducir un coche de Fórmula1- música en directo, teatro de improvisación, foodtrucks e un longo etcétera de actividades para espertar a creatividade, aprender, inspirarse e coñecer as últimas tendencias en innovación e emprendemento.

Un evento imprescindible

Organizado por RedEmprendia, Banco Santander -a través de Santander Universidades-, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Xunta de Galicia, #Spin2016 inclúe na súa axenda a destacadas personalidades do mundo da ciencia, a investigación, a empresa e a cultura, como a escritora brasileira Premio Princesa de Asturias das Letras Nélida Piñón; o ex-seleccionador de fútbol, Vicente do Bosque; o director de cinema José Luis Cuerda; a nomeada ao Premio Nobel da Paz e directora do Instituto Afgán da Aprendizaxe, Sakena Yacoobi; o surfeiro e Guiness World Record, Garret McNamara; ou a moza emprendedora peruana Mariana Costa. O programa completo e a lista de relatores poden consultarse no seu portal web.

Ademais, os obradoiros de Spin2016 ofreceran aos asistentes a posibilidade de formárense nas áreas máis demandadas polos mozos emprendedores, como crowdfunding, propiedade intelectual, internacionalización, pitching ou social media márketing. Todo iso unido a un amplo abano de obradoiros creativos para espertaren a inspiración, divertirse e probar algo novo, como cestería contemporánea, modelado de obxectos en 3D, ou mesmo cultura cervexeira, grazas ao apoio de Estrella Galicia.

Unha cita de relevancia internacional que supón un grande reto para Trevisani.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *