Trevisani traballa na dinamización de Sinergia G6, empresa tecnolóxica galega ao servizo da gandaría e avicultura
Sinergia G6 acudirá á Feria de Producción Animal de Zaragoza (FIGAN), evento de referencia no sector, do 28 ao 31 de marzo
A empresa de organización de eventos, protocolo, relacións públicas e comunicación Trevisani comezou a traballar con Sinergia G6, de cara á dinamización desta punteira empresa entre públicos especializados e prensa.
A presenza de Sinergia G6 na Feria de Producción Animal de Zaragoza (FIGAN), entre o 28 ao 31 de marzo, suporá unha etapa senlleira no desenvolvemento desta firma tecnolóxica.
En FIGAN estará parte do equipo de Trevisani, para apoiar a Sinergia G6 en tarefas como atención e mellora do seu posto, axenda de reunións ou dinamización en medios de comunicación.
Sobre Sinergia G6
Sinergia G6 é unha empresa pioneira en ofrecer melloras en tempo real para granxas. Especializados en avicultura, ofrecen solucións aos problemas asociados ao baixo nivel tecnolóxico das explotacións agroganadeiras.
Nada da conxunción de esforzos e coñecementos dun grupo de enxeñeiros e profesionais con experiencia nos sectores tecnolóxico, industrial e agrogandeiro, Sinergia G6 naceu en 2015 e está ubicada no Polígono da Granxa (O Porriño – Galicia).
Un dos puntos fortes da empresa é a medición e rexistro dos niveis de amoníaco nos espazos de cría, co conseguinte impacto en termos produtivos, económicos, ambientais e de benestar animal.
O seu AirCheck 5SW é o primeiro dispositivo a nivel mundial que permite ás granxas cumprir as Directivas 96/61/CE y 2007/43/CE do Consello da Unión Europea, cos seus correspondentes Decretos Ley a nivel nacional (RD 692/2010), nos que se establecen as disposicións mínimas para a protección dos animais destinados á produción de carne.
Entre outros, tamén posúe un sistema de seguimento en tempo real das variables medioambientais da explotación; a evolución do peso dos animais; o contido dos silos de alimento, e das condicións óptimas no transporte das aves dun día da incubadora á granxa.
Todos estes sistemas contrólanse de xeito centralizado en tempo real dende un portal web denominado FarmsCloud.
Puntos fortes de Sinergia G6
Manuel Portela González, director técnico de Sinergia G6, destaca que “os nosos produtos permiten aos produtores avícolas acceder, por fin, á gandaría de precisión”. Esta precisión apórtaa a innovación tecnolóxica e a xestión produtiva en tempo real.
Sinergia G6 é unha enxeñaría cuxa misión é o desenvolvemento de tecnoloxía propia e de referencia nos sectores agroalimentario e gandeiro, baseada na integración de novas tecnoloxías.
Pasa a paso, estase a abrir camiño innovando nun sector que precisa dunha maior bagaxe tecnolóxica.
A empresa acudirá á Feira de Produción Animal (FIGAN), que se celebra en Zaragoza do 28 ao 31 de marzo, onde teñen previsto aumentar a súa rede de contactos profesionais.
Roberto Goñi Petit, director xeral de Sinergia G6, resalta que “o sector agrogandeiro demanda innovación tecnolóxica para maximizar marxes e potenciar a competitividade”.
Á súa vez, sinala que “os directivos e responsables de integradoras e incubadoras necesitan datos en tempo real para a toma eficiente de decisión produtivas e para a mellora do benestar animal”.
Sinergia G6 xa recibiu recoñecementos. Deste xeito, foron galardoados co Premio Galicia Emprende 2015 na categoría industrial e tamén foron finalistas no Premios Clúster TIC Galicia 2015.