Éxito de Sinergia G6 na feira profesional Figan 2017
Sinergia G6, da man de Trevisani, presentou os seus produtos en Figan, a Feira Profesional de Produción Animal celebrada en Zaragoza do 28 ao 31 de marzo
A oferta tecnolóxica de Sinergia G6 presentouse ás principais empresas nacionais do sector avícola en Figan, a través de reunións no evento de despois dun traballo previo de establecemento de contactos.
Un dos logros de Sinergia G6 nesta feira profesional foi o de asinar acordos de distribución exclusiva con compañías líderes do sector nacional e outras multinacionais da mesma área.
Ademais, con motivo desta presenza en Figan, Trevisani e Sinergia G6 tamén déronlle un pulo á sona da firma porriñesa entre a prensa especializada e galega de áreas como a gandeiría, tecnoloxía ou empresa.
Sinergia G6 e a empresa de organización de eventos, relacións públicas, protocolo e comunicación Trevisani han continuar traballando xuntos despois desta experiencia.
Roberto Goñi Petit, director xeral da compañía, destacou que a presenza en Figan “permitiunos afianzar relacións comerciais cos nosos actuais clientes realizando demostracións in situ”.
“Estes produtos punteiros en innovación tecnolóxica “achegan eficiencia produtiva, cumprimento normativo e benestar animal”, apunta Goñi.
Pola súa banda, Manuel Portela González, director técnico de Sinergia G6, afirma que “creamos un sistema baseado na sensorización e procesamento de datos co obxectivo de supervisar as explotacións en tempo real as 24 horas do día, cunha eficacia equivalente ao control similar que ofrece un operario con máis de 15 anos de experiencia”.
A empresa Sinergia G6
Sinergia G6 é unha compañía pioneira en ofrecer melloras en tempo real para granxas.
Especializados en avicultura, ofrece solucións aos problemas asociados ao baixo nivel tecnolóxico das explotacións agrogandeiras.
A empresa está sendo apoiada no seu desenvolvemento pola Xunta de Galicia a través de Xes Galicia, e o Ministerio de Industria a través do CDTI, co seu programa Neotec.
Nada da conxunción de esforzos e coñecementos dun grupo de enxeñeiros e profesionais con experiencia nos sectores tecnolóxico, industrial e agrogandeiro.
Sinergia G6 naceu en 2015 e está situada no Polígono da Granxa (O Porriño – Galicia).