Simposio sobre reproducción asistida de IRAGA
O Hotel Monumento San Francisco de Santiago acolleu o Simposio en Reprodución Humana Asistida organizado por IRAGA Unidad de Reproducción Asistida La Rosaleda
O Simposio en Reprodución Humana Asistida organizado por IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda xuntou en Santiago a preto de 80 profesionais galegos deste sector.
O congreso médico, que chegaba á sétima edición, celebrouse na capital de Galicia o venres 9 de xuño.
Expertos chegados de Catalunya e Asturias abordaron aspectos como a tecnoloxía time-lapse, a selección de espermatozoides ou á relación entre inmunología e reprodución.
Durante o evento, o doutor José Codesido López, director de IRAGA, quixo subliñar a “importancia que teñen hoxe en día os problemas de fertilidade na nosa sociedade”.
Ademais, o médico salientou a “calidade do programa e o interese e bo ambiente de traballo creado entre os xinecólogos, embriólogos, técnicos e profesionais asistentes”.
O cadro de relatores aquelárono a Dra. Natalia Rives Enedáguila, o Dr. Fernando Graña Zanón, o Dr. Agustin García-Peiró e mailo Dr. Isidoro Bruna Catalán.
Trevisani, na organización deste congreso médico
A empresa de organización de eventos Trevisani encargouse neste evento de distintas tarefas.
- Secretaría técnica
- Produción
- Prensa e comunicación
- Xestión de relatores
- Traslados e aloxamentos
- Dinamización de asistencias
- Azafatas e persoal auxiliar
- Imaxe e deseño
- Protocolo e relacións públicas