En marcha a organización dun novo concurso Santiago(é)Tapas

presentacion-santiago-tapasA sétima edición do concurso de tapas Santiago(é)Tapas celebrarase do 6 ao 23 de novembro e, un ano máis, Trevisani participa na organización deste evento de gastronomía.

O concurso Santiago(é)Tapas é unha referencia a nivel estatal e autonómica nos concursos de petiscos, por traxectoria, modelo e prestixio dende o 2008. Na edición ano pasado servíronse 37.000 petiscos nos 66 establecementos hostaleiros que ofreceron 109 creacións e aspírase a que neste 2014 se superen os 200.000 petiscos servidos na historia do certame.

Dende a súa primeira edición, na altura do 2008, e ata hoxe Trevisani está implicada no Santiago(é)Tapas.

O contacto e a captación dos establecementos concursantes, a procura de patrocinios, a coordinación de imaxe e logística, a busca de repercusión en prensa e dinamización en redes sociais, a xestión de premios e votacións do público, a produción e organización das galas de clausura do certame… son algunhas das tarefas nas que Trevisani traballa para este evento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *