Recta final do Santiago(é)Tapas
O gran evento gastronómico de Santiago encara os seus últimos días
A oitava edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de petiscos de Compostela, finaliza esta fin de semana. Este domingo é o último día para un evento no que os 69 locais participantes ofrecerán as 109 tapas elaboradas para a ocasión.
A empresa de organización de eventos Trevisani volve exercer en tarefas como secretaría técnica, apoio en comunicación, protocolo e relacións públicas, procura de patrocinadores e outras actividades.
Os responsables dos establecementos mostraron a súa satisfacción cos bos resultados que están a obter nesta edición de Santiago(é)Tapas desde o inicio do concurso o pasado día 12.
Este ano Santiago(é)Tapas quixo outorgar maior importancia aos produtos galegos de calidade con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Por esta razón, todas as tapas desta edición contan con algún destes produtos entre os seus ingredientes.
Tamén conclúe o Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalería nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte nos locais participantes.
Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e Asociación Hostalería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrela Galicia e Turkish Airlines.