A D.O. Ribeiro prepara eventos en Barcelona co gallo do Fórum Gastronómico

relaciones-publicas-evento-ribeiroTrevisani encargouse da elaboración dun calendario de eventos que xuntarán gastronomía, misión comercial, viños, comunicación, relacións públicas ou notoriedade de marca

O Consello Regulador da Denominación de Origen Ribeiro segue apostando por traballar con Trevisani, empresa galega de organización eventos, no aumento da súa notoriedade e comercialización, dentro do seu plan estratéxico.

Este mes de outubro Barcelona convértese no centro da gastronomía e o mundo do viño, coa celebración do Fórum Gastronómico do 20 ao 23, e os viños do Ribeiro aproveitan a ocasión para apostar pola súa comercialización en Catalunya.

En concreto, viños de garda da D.O. Ribeiro serán os protagonistas dun ateneo dentro da programación do Fórum, conxugando as súas virtudes coas propostas gastronómicas de Diego Molineras, o “cociñeiro do ano” 2014.

Ademais, o Eurostars Grand Marina Hotel de Barcelona será a localización dunha gran festa, un evento no que se divulgarán as virtudes destes viños.

Trátase dunha grande ocasión para coñecer mellor á denominación de orixe de viños máis antiga de Galicia, da man de 13 das súas adegas. O acto tamén contará coas palabras da sumiller e xornalista especializada Meritxell Falgueras e música ao vivo.

En concreto, as adegas presentes serán: Adegas Valdavía, Alanís, A Portela, Casal de Armán, Cunqueiro, Eduardo Peña, Finca Viñoa, Pousadorio, Ramón do Casar, Rodríguez Méndez, Terra do Castelo, Viña Costeira e Viña Reboreda A cita é o mércores 22 ás 20.30 horas, na Terraza Black Marina do hotel.

Ademais, Trevisani traballa nunha misión comercial pola que as adegas do Ribeiro manterán encontros de traballo con distribuidores, restauradores e profesionais cataláns do sector.

Trevisani é delegación comercial en Galicia do Fórum Gastronómico e un equipo da empresa desprazarase á capital catalá para traballar durante eses días man a man cos seus clientes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *