Eventos do Ribeiro en Barcelona: feira profesional, festa presentación, misión comercial, comunicación…
Os eventos como unha festa presentación para profesionais, un posto de deseño na feira profesional do Fórum Gastronómico, traballo de comercialización e comunicación, e unha misión comercial amplamente dinamizada no sector foron a chave da D.O. Ribeiro en Barcelona
A Denominación de Origen Ribeiro viaxou a Barcelona cun calendario de eventos organizados para divulgar a calidade dos seus viños a un público profesional, ao tempo que ampliou mercados cunha misión comercial, composta por 13 adegas pertencentes á D.O. máis antiga de Galicia.
No Fórum Gastronómico, un posto de deseño que levantou admiración promovido dende o Consello Regulador serviu como centro da súa proposta na feira profesional. Os seus viños de garda contaron cunha sesión no programa do evento gastronómico, conxugando as súas virtudes coas propostas de Diego López (restaurante La Molinera, Lalín).
Unha festa presentación no Eurostars Grand Marina Hotel logrou reunir máis de 200 profesionais entre os que estaban grandes e medianos distribuidores, prensa especializada, sumilleres, responsables de compras e restauradores de prestixio, así como algúns representantes da comunidade galega en Catalunya.
Os asistentes puideron coñecer de primeira man os viños de 13 adegas: Valdavia, Alanís, A Portela, Casal de Armán, Cunqueiro,Eduardo Peña, Terreo Viñoa, Pousadoiro, Ramón do Casar, Rodríguez Méndez, Terra do Castelo, Viña Costeira e Viña Reboreda.
As adegas que acudiron a Barcelona puidéronse reunir con distribuidores e outros profesionais do sector, estas reunións foron froito da mencionada misión comercial.
O traballo previo e en directo do equipo de Trevisani, elaborando unha eficiente base de datos profesional ou dinamizando e comunicando as actividades, contribuíu ao éxito deste calendario de accións.
O traballo previo, elaborando unha eficiente base de datos profesional e dinamizando as actividades contribuíron ao éxito dos eventos.