O aceite en Galicia, cerna no número sete da Revista Benbo

revista-gastronomia-galicia-benboA revista gastronómica galega Benbo é un proxecto no que o equipo multidisciplinar de Trevisani participa dende a súa concepción. Conta coa revista homónima de gran formato, referencia no sector; o portal gastronómico de noticias benbo.eu ; e actividade nas redes sociais

O aceite é o ingrediente destacado no número sete da revista gastronómica BenBo. No mesmo pódese atopar unha ampla reportaxe sobre o aceite de oliva producido en Galicia e as empresas galegas que comercializan aceite, achegando os datos de produción, variedades, localización das oliveiras e muíños, forma de comercialización e prezos achegados por todos os produtores que na actualidade comercializan aceite galego de xeito legal.

Os produtos que saen das cooperativas agroalimentarias galegas, petiscos de calidade, marketing gastronómico, a maridaxe entre café, copa e puro… son outros dos seus contidos.

Secretaría, comercialización ou redacción son algunhas das tarefas nas que exerce a empresa de organización de eventos Trevisani, dentro do equipo da revista Benbo.

Trevisani, ademais de organizaren eventos, é unha empresa que participa en novos proxectos de todo tipo como Benbo e é experta en protocolo, relacións públicas, conceptualización e posta en marcha de feiras e congresos, arquitectura efémera ou comunicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *