O número 5 da revista Benbo xa está na rúa
A Revista BenBo, referencia na gastronomía galega, xa conta co seu número 5
O menú do número é moi amplo e apetitoso e as súas máis de 100 páxinas dan para moito. As cunchas de peneira ou orellas de mar, as once variedades autóctonas galegas de pementos, a presenza da vide nos retablos barrocos, o restaurador Pedro Roca, as receitas de ñaki Bretal do restaurante Eirado da Leña, tapas gañadoras de concursos, a cafeteira Chemex e o café de pota, os distintos vermús galegos, un encontro entre Alejandro Morán e Bernardo Manteiga, a pastelaría Celicatessen, o proxecto “Norte e Sur”, as seccións fixas sobre mercadotecnia, ou tendencias…
A revista BenBo é unha revista de gran formato e pódese adquirir dende o seu portal web, que tamén informa da actualidade gastronómica galega.
O equipo de Trevisani é membro da revista BenBo.
Aquí é posible ver un extracto da Revista BenBo número 5 BenBo5-extracto