A Revista Benbo chega ao seu número dez
A revista gastronómica Benbo chega ao seu número 10, cun menú goloso de abondo
Benbo número 10 conta con 160 páxinas nos que son protagonistas os legumes galegos como as fabas e garavanzos; o restaurante Casa Aurelio, con 70 anos de tradición; a gastronomía na bisbarra de Bergantiños; as verzas; a coctaleira Vitoria Durán; os froitos dos bosques galegos; unha homenaxe ao viticultor Avelino Lorenzo; un relato da escritora Inma López Silva; ou a tradicional e case descoñecida bóla de sangue do Baixo Miño.
Benbo gastronomia atlántica Feita in Galicia é unha iniciativa que pon en valor a gastronomía galega e conta cunha revista de gran formato, un portal web homónimo de referencia no sector e unha nutrida presenza en redes sociais.
A empresa de organización de eventos Trevisani, a carón doutros socios, é impulsora de Benbo desde a súa aparición, en facetas como secretaría técnica, comercialización, redacción e fotografía…