Santiago acolleu a 54ª reunión hispano-lusa de sanidade animal e vexetal
O hotel NH Collection de Santiago de Compostela foi a sede para este congreso internacional
O equipo de Trevisani implicouse na organización da 54ª reunión hispano-lusa de sanidade animal e vexetal, celebrada os días 21 e 22 de novembro.
Este congreso tivo a súa base no Hotel NH de Santiago de Compostela, aínda que a cea de gala celebrouse na Nave 5 do Mercado de Abastos da cidade.
A reunión tamén contou con visitas guiadas polo centro histórico, meta do Camiño de Santiago.
Un congreso para a colaboración sanitaria
Este evento sanitario que se celebrou na capital galega concibiuse como punto de encontro e coordinación entre as autoridades portuguesas e españolas na materia.
O obxectivo deste congreso era “reforzar as actuacións preventivas que impidan ou limiten a entrada das enfermidades e ou pragas vexetais que teñan repercusión nas producións agrarias e, por tanto, na economía das rexións de ambos os territorios”.
Uns dos puntos principais foi o intercambio de información sobre as medidas preventivas postas en marcha por ambos os países en relación con a Peste Porcina Africana.
Outra das enfermidades que se analizaron foi a de Aujeszky e o seu plan de control e erradicación.
Neste encontro tamén se abordaron os dous proxectos presentados á segunda convocatoria do Programa de Cooperación Interreg V a España-Portugal ( Poctep) 2014-2020.
Traballos de Trevisani neste congreso
A empresa de organización de eventos galega desempeñou distintas tarefas nesta reunión hispano-lusa de sanidade animal e vexetal.
- Selección e xestión da sede
- Deseño gráfico e imaxe
- Produción de materiais
- Programa social
- Azafatas e persoal auxiliar
- Apoio en protocolo e relacións públicas