Primagas celebra a súa chegada a Galicia cunha festa en Cangas

DSC_6209

A vila de Cangas acolleu o 19 de febreiro a Festa Primagas, un evento para presentar e celebrar a chegada desta compañía enerxética a Galicia

A Festa Primagas, que se celebrou na Explanada de Ojea, tras o Concello de Cangas, desde as 10:30 ata as 14:00 h., contou coa actuación cómica de Isabel Risco.

Os máis de 200 asistentes tamén puideron degustar polbo e filloas, e os máis pequenos divertíronse con xogos tradicionais populares e inchables.

Os puntos fortes da xornada foron as actuacións de baile contemporáneo dos nenos e nenas do CEIP do Castrillón – Coiro e da agrupación Pais de San Roque.

Toda a recadación conseguida nos postos de comida destinase á Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo (Aspamsim).

Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas.

A empresa quere ofrecer en Galicia alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello de Cangas.

Tarefas desenvolvidas para a Festa Primagas de Cangas por Trevisani

Entre os traballos levados a cabo pola empresa de organización de eventos Trevisani para Primagas están:

  • Secretaría técnica
  • Conceptualización
  • Deseño de escenografía e montaxes creativas
  • Produción
  • Protocolo e relacións públicas
  • Relación con administración
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Arquitectura efémera
  • Atención ao directo
  • Comunicación e divulgación da empresa en medios galegos
  • Apoio a traballo en redes sociais
  • Comercialización de espazos publicitarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *