Primagas vai converter Cangas nunha vila con boa enerxía, cun grande evento

letreiro-cangas-primagas-eventoO próximo domingo, 19 de febreiro, Cangas vivirá unha gran festa para celebrar a chegada de Primagas a Galicia, na Explanada de Ojea a partires das 10:30 h.

O evento contará coa actuación de Isabel Risco, unha degustación de polbo e filloas, actuacións a cargo dos nenos e nenas de Cangas e xogos populares

A vila de Cangas acollerá o próximo domingo, 19 de febreiro, a Festa Primagas, un evento para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.

De novo, a empresa de organización de eventos Trevisani foi escollida por Primagas para a súa posta en marcha.

A Festa Primagas, que se celebrará na Explanada de Ojea, tras o Concello de Cangas, a partires das 10:30 h., contará coa actuación cómica de Isabel Risco. Tamén haberá unha degustación de polbo e filloas, inchables para os máis pequenos e xogos populares, entre outras actividades.

Os puntos fortes da xornada serán as actuacións do grupos folclóricos da zona e demostracións das actividades extraescolares organizadas polas Anpas do municipio.

Toda a recadación conseguida nos postos de comida e bebida irá destinada á Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo (Aspamsim). A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello de Cangas.

Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

O gas natural chega a A Guarda

Primagas realizará durante este ano a canalización e distribución de gas natural no Concello de A Guarda.

Está previsto que as obras e as primeiras subministracións de Primagas comecen a primeiros de ano.

A utilización de gas natural permitirá a retirada de máis dunha vintena de depósitos de gas propano presentes no casco urbano do Concello. A substitución dos tanques de gas non implicará transformacións importantes nas instalacións das casas. Ademais, evitará a circulación e descarga de camións de gas propano na vía pública do Concello.

Os veciños poderán substituír as súas caldeiras e quentadores de gasóleo ou butano por outras con mellores prestacións e máis eficientes, reducindo os seus costes.

Sobre Primagas

Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.

Primagas, con máis de 11.000 clientes en España, está formada por un cadro de persoal de 51 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e mais Segovia.

Primagas e a empresa de organización de eventos Trevisani

Entre as tarefas levadas a cabo pola empresa de organización de eventos Trevisani para Primagas están:

  • Secretaría técnica
  • Conceptualización
  • Imaxe
  • Deseño de escenografía e montaxes creativas
  • Produción
  • Protocolo e relaciones públicas
  • Relación coa administración
  • Personal auxiliar e azafatas
  • Arquitectura efémera
  • Atención no directo
  • Comunicación e divulgación da empresa en medios galegos
  • Apoio ao traballo en redes sociais
  • Comercialización de espazos publicitarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *