Premios do Teatro María Casares 2016
Os profesionais e seguidores do teatro galego citáronse nesta entrega de premios dos María Casares na que colaborou a empresa de organización de eventos Trevisani
O teatro galego celebrou a edición número XX dos seus premios María Casares cunha intensa, musical e vizosa gala no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, da man da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e co Grupo Chévere como responsable da gala.
A empresa de organización de eventos Trevisani, colaboradora do evento, encargouse do control e organización de confirmacións, apoio ao protocolo e relacións públicas, coordinación de nomeados e premiados, persoal auxiliar e apoio ao directo.
Suso Montero encargouse da escenografía, na que destacou a elaboración de dous enormes panos teatrais que serviron para a ambientación desta gala musical que lembrou a María Casares e ás Irmandades da Fala, estes e outros elementos reivindicaron unha identidade cultural propia aberta ao mundo e que constitúen unha mirada orgullosa ao pasado para afrontar con determinación o futuro do teatro, da lingua e da cultura galega. Con estes obxectivos en mente, ao escenario subiron nove actores (Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz).
Gañadores dos Premios María Casares de Teatro 2016
1.MELLOR MAQUILLAXE
Raquel Fidalgo (Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela)
2.MELLOR VESTIARIO
Marián Bañobre (O furancho, de Ibuprofeno Teatro)
3.MELLOR ESCENOGRAFÍA
Carlos Alonso (Xardín suspenso, do Centro Dramático Galego)
4.MELLOR ILUMINACIÓN
Afonso Castro (Xardín Suspenso, do Centro Dramático Galego)
5.MELLOR MÚSICA ORIXINAL
Monica de Nut, Vadzim Yukhnevich e Javi Bermejo ( Manawee, de Matrioshka Teatro)
6.MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN
Afonso Becerra (O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico)
7.MELLOR TEXTO ORIXINAL
Diana Mera, Merche Pérez e Teté García (30 e tanto ósos, de Aporía Escénica)
8.MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA
Iolanda Muíños (Presidente, de Teatro do Morcego)
9.MELLOR ACTOR SECUNDARIO
Alberto Rolán (O Principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico)
10.MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (comparten premio ex aquo)
Mela Casa (Noiteboa, de Redrum Teatro)
Melania Cruz (Xardín suspenso, do Centro Dramático Galego)
11.MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
Toni Salgado (O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico)
12. MELLOR DIRECCIÓN
Xúlio Lago (O principio de Arquímedes, de Teatro Do Atlántico)
13.MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL
Feo! (CARAMUXO TEATRO)
14.MELLOR ESPECTÁCULO
O principio de Arquímedes (TEATRO DO ATLÁNTICO)