Celebrouse a Gala de Premios da Denominación de Orixe Ribeiro 2019

Premiados en el evento de la Denominación de Origen Ribeiro 2019

O evento desenvolveuse no histórico Hotel Monumento San Clodio, en Leiro (Ourense)

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani volveu colaborar coa Denominación de Orixe Ribeiro nos seus premios anuais.

No histórico Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense), reuníronse uns 250 convidados o 18 de xuño.

Durante a gala, o presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, anunciou que o organismo contará por fin cunha nova sede, tras lograr un acordo coa Xunta.

Os actores Xosé Antonio Touriñán e Ledicia Sola foron os presentadores destes Premios.

Pazo do Mar Expresión 2018 foi escollido como mellor viño branco de adega; Finca Teira 2018, como mellor branco de colleiteiro; Alberte 2018, mellor tinto de adega; e Mónica Albor Mencía 2018, mellor viño tinto de colleiteiro.

Premios honoríficos

No evento tamén se entregaron os galardóns honoríficos do Consello Regulador.

O presidente de Paradores, Óscar López, agradeceu o “Premio de Honra”, recollido das mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Este galardón quere agradecer a profesionalidade, calidade e máis o compromiso da empresa pública coa riqueza vitivinícola española e, en especial, cos viños do Ribeiro.

O “Premio á mellor tarefa de Comunicación” aos programas da Televisión de Galicia Labranza e O Agro salienta o esforzo do seu equipo e do conxunto da CRTVG por informares tanto as novidades como da situación global do mundo agro alimentario, nunha traxectoria que supera xa os 27 anos e os 1.500 programas.

Así, Juan Manuel Casares agradeceu á CRTVG o seu traballo na construción da identidade de Galicia.

Tamén tomou a palabra María Isabel Mijares, Premio “Muller e Viño” 2019 polo seu traballo senlleiro durante décadas en campos como a calidad, a xestión, a formación ou a difusión da viticultura.

Emilio Rojo Bangueses recolleu o “Vida entre Vides”. O Consello quere destacar a súa aposta polo carácter propio nos viños; as castes autóctonas; e o coñecemento profundo da riqueza e da pluralidade enolóxica coas que contan as terras do Ribeiro.

Premios da D.O. Ribeiro para locais especializados

Na cerimonia tamén foron premiados tres establecementos.

La Sucursal (Lugo) recibiu o galardón a “Mellor tenda especializada – viñoteca”; La Molinera (Lalín), o de “Mellor servizo de viño en restaurante”; e a Taberna A Curva (Portonovo) foi distinguida como “Mellor taberna – Bar de viños”

ABANCA colabora na organización dos Premios D.O. Ribeiro 2019.

Trevisani e os Premios D.O. Ribeiro

Dende o 2014, a axencia de organización de eventos e congresos Trevisani colabora coa D.O. Ribeiro na conceptualización e posta en marcha dos seus premios.

Entre as responsabilidades de Trevisani están:

  • Secretaría técnica
  • Apoio na conceptualización e produción da gala
  • Protocolo e relacións públicas
  • Apoio na comunicación e na xestión de prensa
  • Xestión de convidados e bases de datos
  • Azafatas e persoal auxiliar
  • Contratación artística e de presentadores

Reportaxe en Telemiño

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *