A Denominación de Orixe Ribeiro entregou os seus Premios ante máis de 250 profesionales
O evento dos Premios Ribeiro 2018 organizado no ourensán Mosteiro de San Clodio serviu para celebrar o bo traballo profesional e para dar a coñecer os mellores viños
O Consello Regulador do Ribeiro volveu confiar na empresa de eventos Trevisani para a sétima edición dos seus galardones. Los Premios Ribeiro 2018.
Nestes Premios recoñeceuse a César Lumbreras co Premio de Honra; a Sonia Prince, co de Muller e Viño; a Víctor de la Serna, co de Mellor Tarefa de Comunicación; e a Manuel García Montero, co Vida entre Vides.
Déronse cita máis de 250 persoas vinculadas co sector vitivinícola de Galicia e numerosas autoridades.
A xornalista Marga Pazos foi a encargada de conducires unha cerimonia na que se quiso salientar a relevancia do sector do viño na bisbarra e no espazo que ao longo dos anos alcanzou o viño do Ribeiro nos mercados.
Unha gala con protagonistas ourensáns
Esta edición da Gala de entrega dos Premios do Ribeiro fixo unha chiscadela ao mundo artístico ourensán.
Así, o artista urbano ourensán Mon Devane fixo ao vivo unha das súas obras plásticas empregando as técnicas do grafiti e o seu particular estilo fotorrealista.
Ademais, o pianista e compositor carballinés Alfonso Medela Jazz estivo a cargo da animación musical.
Premiados nos VII Premios da D.O. Ribeiro
Premio | Gañador |
Mellor Viño Branco Adega | Alter de Priorato de Razamonde |
Mellor Viño Branco Colleiteiro | Eduardo Bravo, de José González Álvarez |
Mellor Viño Tinto | Joaquin Vázquez 2017 de Joaquin Vázquez Martínez |
Premio | Gañador |
Persoeiro de Honra | César Lumbreras |
Muller e Viño | Sonia Prince de Galimberti (AMAVI) |
Mellor Tarefa de Comunicación | Víctor de la Senra |
Vida entre Vides | Manuel García Montero |
Premio | Gañador |
Mellor Servizo de Viño en Restaurante | Bacelo Taberna Vinaria (Ourense) |
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca | La Tienda de Lino (A Coruña) |
Mellor Taberna – Bar de Viños | Tamarindo (Ourense) |
Traballos de Trevisani nos Premios da D.O. Ribeiro
A empresa de congresos e eventos Trevisani traballa dende hai anos co Consello Regulador da D.O. Ribeiro e, en especial, nos seus Premios en distintos aspectos:
- Apoio en Protocolo e Relacións Públicas
- Secretaría técnica
- Conceptualización dun evento diferenciador
- Confección e actualización de base de datos de público obxectivo.
- Secretaría técnica permanente e confirmacións
- Deseño de escenografía e produción
- Xestión de axenda con personalidades
- Colaboración na comunicación e difusión do evento (fotografía, notas de prensa, relación con medios… )
- Xestión do directo e apoio de persoal (azafatas e persoal auxiliar de relacións públicas)