Danse a coñecer os primeiros Premios Ribeiro 2017

cristina alcalá e felicísimo pereira ribeiroUnha rolda de prensa en Santiago serviu praa dar a coñecer os premiados honoríficos polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro deu a coñecer os gañadores dos seus Premios Ribeiro 2017, nas súas categorías honoríficas, nun evento celebrado en Santiago de Compostela.

Unha vez máis, o CRDO Ribeiro confía na empresa de organización de eventos Trevisani para esta cita.

A Master of Wine xornalista e escritora británica Sarah Jane Evans é o novo “Premio de Honra”; o xornalista catalán Joan Gómez Pallarés, o “Premio á Mellor Tarefa en Comunicación”; a sumiller galega radicada en Madrid Mónica Fernández acada o “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, recibe o “Premio Vida entre Vides”.

A proclamación tivo lugar no Arco de Mazarelos, a porta da antiga muralla da cidade por onde entraban nela desde a Idade Media os viños do Ribeiro e no Restaurante Porta do Viño, chamado así por esta tradición.

No evento tomaron parte o presidente do CRDO Ribeiro, Felicísimo Pereira e a xerente do Consello, Cristina Alcalá.

A sexta edición dos Premios da Denominación de Orixe Ribeiro celebrarase o martes 20 de xuño, cun grande evento no Mosteiro de San Clodio (Leiro, Ourense).

Ademais dos indicados, na Gala hanse coñecer os gañadores do resto de categorías: Premio “Mellor servizo de viño en restaurante”; Premio “Mellor tenda especializada – viñoteca”; Premio “Mellor taberna – bar de viños”; Premio “Mellor viño branco adega”; Premio “Mellor viño branco colleiteiro” e Premio “Mellor viño tinto”.

Servizos e traballos de Trevisani nestes Premios Ribeiro 2017

Nesta edición 2017 dos Premios da D.O. Ribeiro, entre as tarefas de apoio de Trevisani, da man do CRDO, atópanse:

  • Secretaría técnica
  • Dinamización de asistentes
  • Xestión de viaxes e reservas
  • Prensa E comunicación
  • Viaxe de prensa
  • Protocolo e Relacións Públicas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *