Chega unha nova gala dos Premios Mestre Mateo
O audiovisual galego celebra o sábado 23 de abril a edición número XIV dos seus Premios Mestre Mateo no que a empresa de organización de eventos Trevisani é colaboradora
Marga Pazos e Xosé A. Touriñán serán os presentadores da gala que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña para repasar o mellor da produción audiovisual galega do pasado ano.
O evento, que estará dirixida por Xaime Fandiño, recordará que hai 100 se estrenou o primeiro filme galego, Miss Ledya, e desde esa conmemoración e con humor contar como é o mundo audiovisual galego na actualidade e reivindicar os seus aspectos propios. Desde este punto de partida, a gala repasará algunhas das circunstancias do sector no país. Marga Pazos e Xosé A. Touriñán combinarán na presentación dous caras do sector audiovisual, a información e o entretemento, coas súas linguaxes respectivas e complementarias desde o punto de vista do espectador.
Ademais, será a primeira vez que profesionais das actividades técnicas do audiovisual participarán na entrega dos premios.
Trevisani é colaboradora de los Premios Mestre Mateo. Entre as tarefas que leva a cabo o equipo de Trevisani nas galas dos Premios Mestre Mateo están o Protocolo e as Relaciones Públicas, o envío de convites e confirmación de asistencias, coordinación de asistentes e públco, a asistencia ao directo, coordinación de nominados…
Durante a Xuntanza dos Nomeados, que se celebrou en Cambre, ademais de dar a coñecer os presentadores e o argumento central da gala dos Mestre Mateo, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os dous premios que concede a súa directiva. O premio de honra “Fernando Rey” e o premio especial “José Sellier”. O primeiro dedicado a recoñecer carreiras no sector audiovisual e o segundo a premiar iniciativas salientables no mesmo sector.
A AGA concedeu o premio “Fernando Rey”, ao director de cine e vídeo, Xavier Villaverde, por ser un dos pioneiros no renacer do cine en Galicia desde os anos oitenta.
O “José Sellier” foi concedido á Númax, o cinema, librería e laboratorio de produción aberto en Compostela hai pouco máis dun ano, herdeiro dos cines de arte e ensaio. A cooperativa foi avalada economicamente para a súa apertura por cerca de 200 persoas e ten unha programación con cine en versión orixinal subtitulada na que se poden ver estreas recentes de cine de pescuda. Nos trece meses de funcionamento pola sala pasaron máis de 30.000 espectadores”.
Información extraída de la Asociación Galega de Audiovisual