Premios das Catas de viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2016
Un evento que xuntou aos aficionados do mundo enolóxico de Galicia e premiou os seus mellores viños e licores e aos profesionais que os fan posibles
A cidade de Ourense acolleu o acto de entrega de Premios das Catas de viños, augardentes e licores de Galicia 2016, organizados pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Tarefas de Trevisani nestes Premios
A empresa de organización de eventos Trevisani foi a responsable de distintas facetas desta gala de premios:
- Concepción e deseño do evento
- Produción xeral
- Arquitectura efémera
- Coordinación
- Guion e escaleta
- Protocolo e Relacións Públicas
- Persoal auxiliar e azafatas
Os viños do Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei, así como os distintos licores e augardentes tradicionais amparados polo seu Consello Regulador, competiron nun certame no que compartiron 201 viños, 128 adegas, 13 mostras de augardentes, 10 de licores de herbas e 11 de licor café.
O acto supuxo o ramo á XXVII edición da Cata de Viños de Galicia; a XVIII Cata de Augardentes; e a V Cata de Licores Tradicionais.
No portal enogastronómico galego Benbo pódese consultar a listaxe completa de gañadores nestes premios.
Unha nova oportunidade na que o equipo Trevisani traballou man a man co sector vitivinícola galego.