Persoal auxiliar e azafatas no Congreso Médico Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar
A Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación ESCULCA están detrás deste congreso internacional
O persoal auxiliar e azafatas que forman parte do equipo de Trevisani participaron co seu traballo na xornada inaugural do IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar.
Este congreso médico desenvólvese en Santiago de Compostela do 10 ao 12 de setembro de 2015, organizado desde a Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación ESCULCA.
O portal web deste congreso é http://www.usc.es/congresos/ciatef15