Palabras para Galicia de ABANCA, concerto con Gustavo Dudamel, a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra
Na Praza do Obradoiro de Santiago xuntáronse máis de 4.000 persoas nun evento organizado por ABANCA onde se interpretou a Novena Sinfonía de Beethoven
ABANCA organizou un dos grandes eventos en Galicia en 2017, co concerto de Palabras para Galicia que xuntou, na Praza do Obradoiro, ao director Gustavo Dudamel, a Orquestra Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra.
Aconteceu no serán do venres 7 de xullo.
A Novena Sinfonía de Beethoven e o Himno Galego foron interpretados nunha cita que comezou coas palabras de Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA, e do director de orquestra venezolano.
Deste xeito pechouse a segunda edición de Palabras para Galicia, evento que nesta ocasión coincidiu co 300 aniversario do nacemento do Banco Etcheverría.
Trevisani, empresa de organización de eventos, colaborou coa entidade bancaria neste acontecemento de notable complexidade técnica e organizativa.
Máis de 4.000 persoas déronse cita no emblemático espazo entre o Pazo de Raxoi e a Catedral de Santiago.
Entre elas, numerosas autoridades como o Rei emérito, Juan Carlos I; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; Miguel Santalices, presidente do Parlamento galego; Santiago Villanueva, delegado do Goberno; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay.
Por parte de ABANCA, acompañaron a Juan Carlos Escotet Rodríguez; o seu conselleiro delegado, Francisco Botas; e o seu presidente de honra, Javier Etcheverría
Máis información sobre Palabras para Galicia no portal corporativo de ABANCA.
Funcións de Trevisani no Palabras para Galicia
Entre os traballos desenvolvidos por Trevisani no peche da segunda edición de Palabras para Galicia estiveron.
- Persoal auxiliar e azafatas
- Apoio en protocolo e relacións públicas