Novidades polos 30 anos de OPC España, Federación Española de Asociacións de Empresas de Organización Profesional de Congresos

opc españa 30 aniversario

 

A Federación Española de Asociacións de Empresas de Organización Profesional de Congresos, OPC España, está de celebración neste 2017

OPC España, Federación Española de Asociacións de Empresas de Organización Profesional de Congresos, conmemora os seus 30 anos de traxectoria profesional en eventos e congresos.

O reclamo desta conmemoración é “dos pioneiros ás novas tecnoloxías”.

Trevisani pertence a OPC España, a través de OPC Galicia, entidade a nivel galego da que Ana Trevisani é a súa actual presidenta.

Para esta ocasión deseñouse un logotipo que acompañará os próximos encontros e actividades que OPC España ten previsto celebrar por mor deste acontecemento.

Ademais, contempláronse diversas aplicacións de deseño para que esta nova imaxe de marca poida convivir con outros logotipos do sector.

Próximos eventos de OPC España

O obxectivo destes eventos é dar visibilidade á importancia do área de actividade á que se dirixe a Federación, un sector enfocado á formación e á transferencia de coñecemento.

Entre as accións que se teñen previstas para a volta do verán destaca a xornada técnica “Aplicación dos novos códigos éticos”.

Trátase dunha mesa redonda sobre as actualizacións que FENIN e Farmaindustria están a introducir na organización de reunións e de congresos médicos.

Será unha xornada indispensable para coñecer as claves para adaptarse aos novos códigos éticos da industria farmacéutica.

Nela participarán, ademais destas organizacións, sociedades médicas e OPC’s.

Esta xornada terá lugar o próximo 13 de setembro no Hotel Ilunión Pío XII de Madrid.

Sobre OPC España

OPC España naceu en 1987. A Federación, constituída en 1992, está configurada por 13 asociacións autonómicas de empresas OPC, entre elas Galicia.

Así, en total conta con 105 empresas membro de pleno dereito e 201 empresas colaboradoras.

OPC España é membro de EFPACO, a única Federación Europea de empresas OPC, representando a máis de 1.514 profesionais da industria de reunións e congresos e 14 países membros.

Tamén é membro de COCAL e CEOE, e participa nas reunións do ICTE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *