XI Olimpiada Española de Economía, en Madrid
A Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad Complutense organiza a XI edición da Olimpiada Española de Economía do 25 ao 27 de xuño
A empresa de organización de eventos Trevisani traballa desde hai meses na posta en marcha da XI Olimpiada Española de Economía.
Este evento está organizado pola Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad Complutense.
A fase final do certame celebrarase do 25 ao 27 de xuño, en Madrid.
Precisamente, ese centro celebra os seus primeiros 75 anos e o evento enmárcase dentro do seu programa conmemorativo.
Un ano despois da celebrada en Galicia
Esta edición sucede á realizada en Compostela no 2018. da man da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago e que foi un grande éxito.
Trevisani foi secretaría técnica nesa edición do evento, do mesmo xeito que no conxunto do programa do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia.
Traballos de Trevisani na XI Olimpíada Española de Economía
Entre as funcións de Trevisani están:
- Secretaría técnica
- Administración xeral do evento
- Xestión de hoteis
- Coordinación