O Obradoiro CAB de baloncesto e Trevisani comezan a colaborar
A empresa de organización de eventos Trevisani comezou a colaborar co departamento de márketing do Rio Natura Monbus Obradoiro
A empresa de organización de eventos Trevisani e o Rio Natura Monbus Obradoiro CAB, club de baloncesto da liga Endesa ACB de Santiago de Compostela, estableceron un protocolo de colaboración na dinamización dos eventos de márketing do club.
Unha destas citas foi o V Basket & Cheese, patrocinada por Queixería Barral, unha interesante xornada de debate sobre márketing, comunicación e deporte celebrada na Cidade da Cultura de Galicia.
Entre os seus relatores estiveron: Enrique Corbella, xornalista deportivo e redactor en Marca.com; Juan Useros, fundador e CEO da axencia especializada en Márketing Deportivo SportUsers; Javier de la Chica, director da área de Negocio e Márketing ACB; e José García Liñares, deputado de Deporte e Mocidade na Deputación da Coruña.
Xornada Empresa & Deporte: os empresarios responden
Outra destas citas será a IV Xornada Empresa & Deporte: os empresarios responden, que vaise celebrar o 26 de abril no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago.
Moderarán o evento Carlos García Verdugo, do grupo Arestora; e Moncho Fernández, primeiro adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro.
Este contará coa representación de distintas firmas. María Sande, responsable de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia; Irene Rodríguez, directora de márketing R cable; María Caeiro, conselleira delegada do Grupo Caeiro Rey; e Óscar Rodríguez, director de operacións de Espina & Delfín.
Velaí, a firma de congresos e eventos Trevisani forma parte do Club de Empresas Obradoiro como socio protector.
Traballos de Trevisani co Obradoiro CAB
Entre as distintas tarefas que leva a cabo Trevisani co Rio Natura Monbus Obradoiro están:
- Secretaría técnica
- Xestión e confirmación de asistencias
- Control e coordinación do directo
- Apoio en protocolo e relacións públicas