“As túas compras dan luz”, campaña solidaria de compras de Nadal da Fundación Santiago Centro

campaña-compras-evento-santiago-centroA campaña de compras de Nadal na zona nova de Compostela está conceptualizada por Trevisani

A Fundación Santiago Centro organiza este Nadal a campaña “As túas compras dan luz”, que conxuga solidariedade e comercio nos seus establecementos asociados da zona nova de Santiago de Compostela.

A empresa de organización de eventos Trevisani encárgase da conceptualización, produción, tarefas de comunicación e secretaría técnica.

A acción presentouse na Praza Roxa, nun acto que contou coa presenza de José María Fernández, presidente da Fundación; Delmiro Prieto, secretario; comerciantes, veciños, prensa e autoridades como o alcalde Agustín Hernández.

As túas compras dan luz é unha campaña de “ida e volta”, unha campaña con premios pero tamén con corazón. Nela o público participa a través da compra de rifas de 1 euro, do que unha parte vai destinada á Cociña Económica de Santiago e a outra parte repercute no consumidor a través do sorteo de agasallos.

Entre os premios están tres soldos anuais de 100, 75 e 50 euros mensuais.

Ademais, dentro da campaña, repártense chocolates quentes e doces solidarios cun prezo simbólico de 1 euro que vai destinado á cociña económica de Santiago; e un precioso vehículo vintage percorre as rúas do centro da cidade guiado por un Papa Noel e un elfo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *