Trevisani traballa co Monbus Obradoiro na súa nova tempada na Liga Endesa ACB
O Monbus Obradoiro e a empresa de organización de eventos Trevisani reforzaron a súa colaboración para a tempada 2017-18
A empresa de organización de eventos Trevisani e o Monbus Obradoiro renovan a súa alianza.
Trevisani continua apoiando ao equipo de marketing do club de baloncesto nos distintos eventos e actos sectoriais que organiza pero, ademais, o seu persoal auxiliar e azafatas colaboran en distintas tarefas no transcurso dos partidos.
Así, azafatas e persoal auxiliar de Trevisani asisten no palco e máis na zona VIP do Multiusos Fontes do Sar durante os encontros, entregan as follas estatísticas aos medios de comunicación e, en xeral, serven de reforzo aos responsables de protocolo e relacións públicas do club santiagués.
O Monbus Obradoiro CAB é o único club galego na liga Endesa ACB, a liga europea de baloncesto máis importante de entre as competicións estatais.