Mikel Azparren percorreu o Camiño de Santiago en bicicleta en menos de 24 horas

camino de santiago reto mikel azparrenNa Praza do Obradoiro un espectador tumbou a Azparren, quen tivo que ir ao hospital

Mikel Azparren, de 47 anos percorreu en 23 horas, 48 minutos e 50 segundos o Camiño de Santiago de xeito íntegro, desde Roncesvalles.

A xesta acadouse entre o sábado 4 e o domingo 5 de agosto, pedaleando atravesando terras de Navarra, A Rioxa, Burgos, León e, xa en Galicia, as provincias de Lugo e A Coruña para un total de 751 quilómetros.

Poucos metros despois do arco de chegada, co reto xa acadado, un espectador -con boa intención- tentou parar a Azparren, quen caeu ao chan da Praza do Obradoiro e rompeu a clavícula.

E todo aconteceu unha semana despois dunha tentativa errada, que morrera horas despois de comezar.

Durante o esforzo, o ciclista tivo que loitar contra o sono ou o vento. Acompañado de vehículos de apoio que tamén levaban roupa para os cambios, sushi ou xeles enerxéticos.

Gran repercusión nos medios de comunicación e apoio de Trevisani

Trevisani apoiou este reto deportivo en materias como dinamización e difusión nos medios de comunicación, que fixeron deste acontecemento unha das noticias con maior repercusión nos primeiros días de agosto.

Televisións, radios, xornais, axencias de novas ou dixitais de toda España fíxeronse eco.

A relación da empresa de eventos e congresos Trevisani con Mikel Azparren iniciouse na primeira edición de Fairway Forum do Camiño de Santiago, na que o vasco foi relator.

Mikel Azparren contou no seu reto co patrocinio do Banco Sabadell e o soporte de firmas como Orbea, Skoda, Etxeondo, SMWautoblok e RAC (REAL Automóvil Club).

Nesta entrada de facebook, o propio Azparren repasa como vivíu o acontecido.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *