Os novos modelos de Mercedes-Benz preséntanse con eventos en Santiago e Pontevedra, de Louzao
A empresa de organización de eventos Trevisani traballa en funcións de persoal auxiliar, azafatas, xestión e dinamización de convidados e apoio á comunicación e prensa
O Grupo Louzao, rede de concesionarios Mercedes-Benz nas provincias da Coruña e Pontevedra, presenta ao público os novos modelos GLC e GLE Coupé con dous actos que se celebrarán en Santiago, o xoves 24 de setembro, e Pontevedra, o venres 25.
Clientes, prensa e convidados congregaranse no Hotel compostelán AC Palacio do Carmen, o xoves desde as 20:00 horas; e no Pazo da Cultura de Pontevedra, o venres á mesma hora.
Dous serán os modelos que se presentarán nestes eventos: o Mercedes GLC e máis o Mercedes GLE Coupé, que xa están dispoñibles nos concesionarios do Grupo Louzao en Pontevedra, Santiago, A Coruña, Vigo e Ferrol e no portal web www.louzao.com .
A eles unirase en breve a renovación do Mercedes ML que, despois de tres anos e medio no mercado, conta con importantes novidades no seu equipamento, aspecto exterior e interior e denominación: a partir de agora denomínase Mercedes GLE SUV. O novo Mercedes GLE SUV chegará aos concesionarios nas próximas semanas.