Maratón de eventos de Nadal e Aninovo en El Malandro e El Malandro Azul
El Malandro e El Malandro Azul, locais de hostalería en Santiago de Compostela, programaron un “sprint do Nadal” cheo de eventos, da man de Trevisani
El Malandro, empresa que agrupa dous locais de hostalería de Santiago de Compostela, confiou nos servizos da empresa de organización de eventos Trevisani para dinamizar os seus eventos e máis a súa comunicación, así como as súas redes sociais.
Toque ou non toque a lotería, os amantes dos combinados terán o xoves 22 unha cita en El Malandro, coa súa Festa Mini Gin Tonics.
Trátase dun evento para gozar de marcas distinguidas de xenebra e tónicas premium.
A sesión no Malandro, Rúa Santiago de Chile 2, comezará ás 23:00 horas.
Os dous locais acollerán a tarde do domingo 25 unha sesión “Acouga”, para desconxestionar o corpo da cea e comida do Nadal, con chocolate quente, cócteles sen alcol e infusións, desde as 19:00 horas.
O xoves 29 chegará a Festa pre Fin de Ano, para celebralo de modo anticipado e sen abafos, coa mellor música dos anos 60, 70 e 80, desde as 23:00 horas, tanto no Malandro como no Malandro Azul. E, naturalmente, o sábado 31 chegará a Gran Festa Fin de Ano a El Malandro.
Os dous establecementos abriron unha nova etapa na que ofrecen distintos ambientes ao longo do día: cafetería de mañá, vermutería para aperitivos e pub nocturno; co seu amplo horario de 8 a 3. Ademais, o seu servizo de cociña ofrece tapas de elaboración propia.
A colaboración entre Trevisani e El Malandro continuará no 2017.