O Grupo Louzao presentou en Galicia os novos modelos de Mercedes-Benz con eventos en Santiago e Pontevedra
Nos eventos mostráronse o GLC e máis o GLE Coupé, xa dispoñibles na rede de concesionarios
O Grupo Louzao, rede de concesionarios Mercedes-Benz nas provincias da Coruña e Pontevedra, organizou dúas festas de presentación para os seus novos modelos GLC e GLE Coupé.
O primeiro acto desenvolveuse no Hotel AC Palacio do Carmen de Santiago. Alejandro Sánchez, director comercial de turismos de zona norte do Grupo Louzao, foi o encargado de presentar os vehículos. No evento tamén estiveron presentes Ralph Gaenzle, director de marketing de turismos de Mercedes-Benz España; Javier Fernández, responsable de Louzao Santiago, e José Louzao, xerente de Grupo Louzao.
O Pazo da Cultura de Pontevedra tomou o relevo na segunda das festas; con Alfonso Noya, responsable de Louzao Pontevedra, como anfitrión, acompañado de Javier García, director comercial de turismos de zona sur do Grupo Louzao, ou José de la Fuente, xerente de zona sur.
A empresa de organización de eventos Trevisani traballou en ambas citas en funcións de persoal auxiliar, azafatas, xestión e dinamización de convidados e apoio á comunicación e prensa
A espectacularidade e enerxía das exhibicións de trial bike que amenizaron as citas harmonizaron con esas mesmas sensacións que se desprenden dos Mercedes-Benz. Tampouco faltou a música.
O Mercedes GLC e máis o Mercedes GLE Coupé xa están dispoñibles nos concesionarios do Grupo Louzao en Pontevedra, Santiago, A Coruña, Vigo e Ferrol e no portal web www.louzao.com. Louzao tamén conta cun concesionario de vehículos industriais en Betanzos.
A estes modelos uniráselles en breve a renovación do Mercedes ML; despois de tres anos e medio no mercado, conta con importantes novidades no seu equipamento, aspecto exterior e interior e denominación: a partir de agora denomínase Mercedes GLE SUV. O novo Mercedes GLE SUV chegará aos concesionarios nas próximas semanas.