Leroy Merlin abre unha nova tenda en Marineda City
A multinacional francesa Leroy Merlin abre unha nova tenda en Marineda City, A Coruña, dentro da súa campaña de expansión en Galicia
A inauguración da tenda tivo lugar o mércores, 6 de xullo, coa presenza do persoal auxiliar de Trevisani.
Trevisani estivo presente na inauguración do novo local levando a cabo as distintas actividades:
- Persoal auxiliar
- Xestión de photocall
- Fotografía
Este novo punto de venda contará cunha superficie comercial de máis de 7.500 metros cadrados. A compañía investiu 22 millóns de euros na apertura do establecemento, que proporcionará 110 postos de traballo directos e supoñerá a creación de preto de 30 postos de traballo indirectos, segundo os datos ofrecidos pola compañía.