A viñoteca Acio gaña dous primeiros premios no Concurso de Petiscos de Primavera de Ourense
A viñoteca Acio foi a gran triunfadora do Concurso de Pinchos de Primavera de Ourense ao conseguir os primeiros premios: o concedido polo xurado profesional e o que outorga a prensa local.
O pincho (La Peineta) estaba composto basicamente por bacallau afumado e laranxa fresca, acompañado de tomate seco, pemento y eiruga.
Tamén obtivo dous premios o Illote Monterrey do restaurante Monterrey. Neste caso levou o primeiro premio da votación popular e o segundo do xurado profesional. A tapa consistía en cabaciña rechea de bechamel de xamón con tapón de queixo de cabra e froitos vermellos enriba dunha sopa quente de cabaza con Roquefort e crocante de orella.
Tamén resultaron premiados o restaurante Mariscal (A raíña das flores), Rose Hill (Petisco da avoa), Estación de Lomán (Galaico express), Matalo bicho (Caramelo de vieira) e Serendipity (Pintxo Antxón). El Comellón recibiu un accésit polo seu Montado de solombo.