La innovación comienza aquí, un libro de José Manuel Castro

jose-manuel-castro-libro

La innovación comienza aquí, de José Manuel Castro, apunta entre os seus exemplos de innovación á experiencia profesional de Trevisani

José Manuel Castro, responsable de Vixilancia Competitiva do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), presentou o seu libro La innovación comienza aquí (Libros de Cabecera) que, co subtítulo de Mapa de las macrotendencias que señalan el futuro de su empresa, salienta a importancia de lermos a contorna para poder adiantarnos ao futuro e máis aos seus cambios tecnolóxicos e sociais.

Trátase dun volume dividido en tres partes: Adaptabilidad empresarial y macrotendencias; Macrotendencias relevantes en la actualidad; e Una guía para avanzar.

José Manuel Castro e Trevisani traballaron conxuntamente en distintos proxectos e, de feito, a experiencia coa empresa de organización de eventos aparece reflectida no libro coma exemplo de sistema de innovación.

José Manuel Castro Pérez (A Coruña, 1964) é enxeñeiro industrial pola Universidade de Santiago de Compostela e, ademais do seu papel no IGAPE, é profesor en cursos e seminarios de posgrao para diversas universidades e escolas de negocios. Tamén é autor de diversas publicacións e artigos relacionados coas novas tecnoloxías, os servizos avanzados de telecomunicacións e as pequenas e medianas empresas.

É posible seguir ao autor no seu blogue ou adquirir o volume na páxina web da editorial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *