A D.O. Ribeiro entregou os seus premios aos máis destacados do mundo do viño

Cristina Alcalá (mellor tarefa de comunicación), restaurante Nova, de Ourense (mellor servizo de viño en restaurante), O Beiro, de Santiago de Compostela (mellor tenda especializada-viñoteca), La Bodeguilla, de Santiago de Compostela (mellor taberna ou bar de viños) foron os galardoados cos Premios D.O. Ribeiro, entregados en Leiro (Ourense). O premio de honra foi para Paco Rego.

No mesmo acto entregáronse os premios da Cata Oficial do Ribeiro, que recaeron en 30 Copelos (tinto), Beade Primacía (branco de bodega) e Cuñas Davia (branco de colleiteiro).

A entrega dos premios realizouse no Mosteiro de San Clodio, coa asistencia de máis de douscentos convidados do mundo do viño, a restauración e a comunicación, así como o presidente da Xunta de Galicia, que pechou o acto.

A gala foi conducida pola presentadora da televisión galega Sonia López e finalizou coa degustación dos bocados gastronómicos elaborados polo cociñeiro Pepe Solla, inspirados nos viños branco e tinto do Ribeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *