Preestrea da película Juana de Vega no Teatro Rosalía de Castro

Fonte: CRTVG

Zenit Televisión e Televisión de Galicia preestrenaron a película Juana de Vega, vizcondesa do Arado o pasado 6 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

Esta nova ficción televisiva reivindica o labor social de Juana de Vega, coruñesa, figura chave do século XIX e pioneira na defensa da xustiza e igualdade. A longametraxe estreouse para tódolos públicos na Televisión de Galicia o 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora.

A cinta está dirixida por Zaza Ceballos e protagonizada por Sonia Castelo e Luisa Merelas, con guion de Miguel Anxo Murado. Completan o elenco recoñecidos actores e actrices como Blanca Cendán, Miquel Insua, Xoel Fernández, Fina Calleja, Iván Marcos, Lino Braxe, Casilda Alfaro, Iria Parada, Luísa Martínez, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Ana Sanmartín, Sergio Quintana e Carlos Olalla.

Neste acto, Trevisani realizou as seguintes tarefas:

  • Protocolo e relacións públicas
  • Control de acceso
  • Xestión de invitados
  • Persoal auxiliar
  • Envío de invitacións
  • Confirmación de asistencias
  • Coordinación de públicos e asistentes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *