Exitosa xornada sobre empresa e deporte, organizada polo Obradoiro CAB
Este evento quere ligar empresa e deporte; a súa IV edición tivo lugar en Santiago, coa colaboración da empresa de organización de eventos Trevisani
O Rio Natura Monbus Obradoiro cualificou coma éxito a cuarta edición da xornada “Empresa & Deporte: Os empresarios responden”, patrocinada por Ulla Oil, para os membros do Club de Empresas Obradoiro.
A cita tivo lugar no Hotel OCA Puerta del Camino o xoves 26 de abril e contou co apoio da empresa de organización de eventos Trevisani.
Carlos García Verdugo, xornalista da TVG, foi o encargado de conducir o evento e, xunto a Moncho Fernández, adestrador do Rio Nautura Monbus Obradoiro, conversaron cos invitados sobre diferentes temáticas nas súas empresas: a conciliación, o compromiso, a formación, como fidelizar ao cliente, dificultades que se presentan e as posibles solucións, que diferenza á súa empresa da competencia, etc.
Declaraciones de empresarios no evento
María Sande, xefa de comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia, explicou que “as nosas premisas son a innovación, a xeración de valor no cliente e a calidade”.
Irene Rodríguez, directora de márketing R cable, afirmaba que “a nosa preocupación é ver como doar valor ao produto para que quede o cliente”.
Sobre as dificultades en cada unha das empresas, Óscar Rodríguez, director de operacións de Espina & Delfín, confesou que “desde o inicio, a cada fronteira que nos atopabamos demos un paso máis”.
Para José Carlos Freije, xerente de Nissan Caeiro Rey, “a dificultade é saber adaptarnos e ter axilidade para coñecer as necesidades do cliente”.
Os invitados e asistentes coñeceron como se tratan estas temáticas no Rio Natura Monbus Obradoiro da man de Moncho Fernández.
Ademais de Trevisani, no evento tamén colaboraron outras firmas como Estrella Galicia, o Hotel OCA Puerta del Camino e CEGA Audiovisuais.
Funcións de Trevisani neste evento de empresa e deporte do Obradoiro CAB
Entre as distintas tarefas que levou a cabo Trevisani na “IV Xornada Empresa & Deporte: Os empresarios responden” do Rio Natura Monbus Obradoiro estiveron:
- Secretaría técnica
- Xestión e confirmación de asistencias
- Control e coordinación do directo
- Apoio en protocolo e relacións públicas