Na procura de Superheroínas – Nova campaña para Iraga

comunicacion-relaciones-publicas-trevisani-galicia-santiago-iraga

Iraga – Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda escolleu a Trevisani para elaborar unha campaña de procura de doantes de óvulos na zona de Santiago de Compostela e arredores.

Este proxecto conta cunha imaxe innovadora e diferente que identifica a cada muller como unha superheroína cun poder oculto, o de poder axudar a outras mulleres para ser nais.

Trevisani realizou as seguintes tarefas:

  • Deseño de accións publicitarias
  • Gabinete de prensa. Xestión de presencia da marca en medios locais, prensa, radio e plataformas dixitais
  • Deseño de nova de imaxe
  • Produción de papelería, novos folletos e carteis corporativos
  • Persoal auxiliar de reparto na rúa e lugares de interese

Algunhas imaxes desta campaña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *