IRAGA, primeiro centro galego de reprodución asisitda que conta co incubador “Geri” que clasifica os embrións en función do seu potencial de implantación
O equipo conta cun sistema de gravación que permite visualizar, controlar e analizar o desenvolvemento do embrión sen necesidade de alterar as súas condicións de cultivo in vitro
O equipo de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida A Rosaleda incorporou a última tecnoloxía para a selección de embrións, combinando un novo test de Avaliación de Viabilidade de Embrión (Eeva) co incubador time-lapse “Geri”.
O incubador “Geri” presenta un software que clasifica os embrións en función do seu potencial de implantación, coñecido como o Test Eeva. Ademais, o equipo dispón de seis incubadores individuais; cada un deles ten unha cámara de alta resolución que mellora a calidade das imaxes de todos os embrións cada cinco minutos.
Desta maneira cultívanse os embrións humanos individualmente e detéctanse os movementos celulares do embrión, diferenciando cando ocorren as divisións embrionarias.
Toda a información obtida é tratada por un software informático específico, que predí o potencial de desenvolvemento e clasifica cada embrión cunha eficacia do 85%.
Iraga convértese, deste xeito, no primeiro centro de Galicia que conta con esta innovación. Este novo sistema de incubación e análise de embrións humanos está a revolucionar a biomedicina reprodutiva a nivel mundial.
María José López Rubira, directora de laboratorio de IRAGA Unidade de Reprodución Asistida A Rosaleda, apunta que aplicar este test “axuda a elixir o embrión con maior potencial e reduce a posibilidade de embarazo múltiple, ao reforzar a transferencia dun único embrión”.
Co novo incubador “Geri” non é necesario extraer o embrión para o seguimento e as condicións están estritamente controladas. O sistema Eeva permite a homoxeneización dos criterios de avaliación, para poder seleccionar os embrións con maior potencial de implantación con obxectividade, o que mellora as posibilidades nos tratamentos de fertilidade e permite aumentar as taxas de éxito.
Equipo e servizos de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida A Rosaleda
IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida A Rosaleda, ten as súas instalacións no Hospital A Rosaleda de Santiago de Compostela, desde onde ofrece un servizo integral.
O centro, dirixido polo Dr. José Codesido, leva desde o ano 2000 destacando pola innovación e as súas taxas de éxito, superiores ás marcadas pola Asociación Española polo estudo da Bioloxía Reprodutiva (ASEBIR).
IRAGA conta con departamentos de xinecología, psicoloxía e embrioloxía. No centro, ademais de ofrecer un amplo catálogo de opcións para os pacientes que desexan ser pais, realízase doazón de óvulos e ecografías en 4D.
Desde o centro lanzouse recentemente unha campaña de concienciación a favor da doazón de óvulos.
IRAGA pertence á Asociación Nacional de Clínicas de Reprodución Asistida (ANACER), entidade de referencia en España da que, actualmente, é presidente o doutor José Codesido.
Todos os seus servizos e instalacións están avalados por un sistema de xestión da calidade referendado co selo ISO 9001.