IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda realizou un evento informativo en Ourense

iraga ourense

Trevisani acompañou á Unidade de Reproducción Asistida La Rosaleda (IRAGA) no evento informativo “Un achegamento á reprodución asistida. Solucións, técnicas e a súa situación en Galicia”. A cita tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense.

O Dr. José Codesido López, Director da Unidade, e a Dra María José López Rubira, Directora de Laboratorio, foron os encargados de resolver todas as dúbidas sobre o proceso e de ofrecer aos asistentes recomendacións e consellos.

Esta Unidade de Reprodución Asistida foi a primeira en Galicia en lograr embarazos usando placas PICSI, unha técnica innovadora de selección de espermatozoides. Con ela IRAGA conseguiu aumentar a taxa de embarazo nun 15 por cento en parellas que presentaban unha baixa probabilidade de éxito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *