IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda convértese no primeiro centro galego en incorporar a tecnoloxía de diagnóstico morfocinético con time-lapse na nova incubadora “Geri”
O equipo de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda incorporou a última tecnoloxía para a selección de embrións, combinando un novo test de Avaliación de Viabilidade de Embrión coa incubadora time-lapse Geri
IRAGA UR La Rosaleda convértese, deste xeito, no primeiro centro de Galicia que conta con esta innovación, o máis novo sistema de incubación e análise de embrións humanos, que está a revolucionar o campo da biomedicina reprodutiva a nivel mundial.
Este equipo incorpora un sistema de gravación que permite visualizar, controlar e analizar en todo momento o desenvolvemento do embrión sen necesidade de alterar as súas condicións de cultivo in vitro ata a fase de blastocisto.
IRAGA conta cos servizos da empresa de organización de eventos, relacións públicas e comunicación Trevisani para comunicar as súas noticias, entre outras tarefas coma a preparación e lanzamento da súa campaña de dinamización a prol da doazón de óvulos.
A novidade do equipo adquirido é que ademais de dispor de seis incubadoras individualizadas, cada unha cunha cámara de alta resolución mellorando así a calidade das imaxes de todos os embrións cada 5 minutos.
Presenta un software que clasifica os embrións en función do seu potencial de implantación, coñecido como o Test EEVA.
Deste xeito cultívanse os embrións humanos individualmente e detéctanse os movementos celulares do embrión, diferenciando cando ocorren as divisións embrionarias.
Toda esta información é analizada polo software informático específico, que avanza o potencial de desenvolvemento do embrión cunha eficacia do 85%.
Iso conséguese grazas a unha minuciosa análise matemática do ritmo da división; o sistema é capaz de clasificar os embrións como: “Alta”, “Media” ou “Baixa” (probabilidade de implantación).
María José López Rubira, directora de laboratorio de IRAGA Unidade de Reprodución Asistida la Rosaleda, apunta: “Aplicarmos este Test EEVA permítenos coñecer cales son os embrións máis viables para a xestación, axudando deste xeito a escoller o embrión con maior potencial e reducindo a posibilidade de embarazo múltiple, ao reforzar a transferencia dun único embrión.
En definitiva, apórtanos unha ferramenta que nos permite coñecer a saúde do embrión e valorar o potencial do mesmo en estadios máis avanzados”.
Ata o de agora, nos tratamentos de FIV, os embriólogos observaban o desenvolvemento do embrión cun microscopio fóra da incubadora e a manipulación asociada a este procedemento expón ao embrión a posibles condicións nocivas derivadas dos cambios na temperatura, luz, pH…
Con Geri non é necesario extraer o embrión para o seguimento e as condicións están estritamente controladas.
O sistema Eeva permite a homoxenización dos criterios de avaliación, para poder seleccionar os embrións con maior potencial de implantación con obxectividade, o que mellora as posibilidades nos tratamentos de fertilidade e permite aumentar as taxas de éxito.
Todo iso fai que Geri e Eeva sexa, probablemente, un dos mellores sistemas de incubación e selección embrionaria existentes.
Así, a combinación do uso das últimas tecnoloxías co coñecemento dos profesionais aumenta ao máximo as probabilidades de embarazo en cada tratamento.
Equipo e servizos de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda
IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, ten as súas instalacións no Hospital La Rosaleda de Santiago de Compostela, onde ofrece un servizo integral.
O centro, dirixido polo dr. José Codesido, leva dende o año 2.000 destacándose pola innovación e as súas taxas de éxito, superiores ás marcadas por ASEBIR (Asociación Española por el estudio de la Biología Reproductiva).
IRAGA conta con departamentos de xinecoloxía, psicoloxía e embrioloxía.
No centro, ademais de ofrecerse un amplo catálogo de opcións para os pacientes que desexan ser pais, realízase doazón de óvulos e ecografía en 4D.
Desde o centro lanzouse recentemente unha campaña de concienciación a favor da doazón de óvulos.
Iraga, membro de ANACER
IRAGA pertence a ANACER, Asociación Nacional de Clínicas de Reprodución Asistida, entidade de referencia en España da que, actualmente, é presidente o doutor José Codesido.
Todos os seus servizos e instalacións están avalados por un sistema de xestión da calidade referendado co selo ISO 9001.