Campaña de comunicación de IRAGA a prol da conxelación de óvulos

encabezado donación de óvulosIRAGA, a Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, pon en marcha unha campaña de comunicación destinada a dar a coñecer o servizo de conxelación de óvulos

IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida de La Rosaleda, inicia unha campaña para dar a coñecer o tratamento da vitrificación de óvulos, unha opción para mulleres que queren preservar a súa fertilidade para o futuro.

Ás superheroínas co superpoder do frío, súmanse aquelas mulleres que poden axudar a outras a ser nais, a través da doazón de óvulos.

A vitrificación permite conxelar os óvulos dunha muller para que os poida utilizar cando decida ser nai. Este procedemento ofrece unhas taxas de embarazo similares ás que se obteñen con óvulos en fresco.

Existe unha ampla variedade de situacións nas que é recomendable realizar a vitrificación.

  •  Médicas, como a extirpación dun ovario ou o enfrontarse a un tratamento oncolóxico que produce danos nos óvulos
  •  Ser unha muller nova, con ou sen parella, que desexe aumentar as posibilidades de unha futura maternidade
  •  Ser paciente nunha Fecundación in Vitro FIV onde non se obteña mostra de seme o día da captación ovocitaria
  •  Doazóns de ovocitos sen receptora sincronizada. Coa vitrificación se preservan os ovocitos ata que a receptora teña seu endometrio preparado e decida facer o tratamento.
  • Para aumentar as posibilidades de embarazo en mulleres con pouca reserva ovárica
  • Pacientes que, por distintas razóns, sexan contrarios á criopreservación de pre embrións humanos.

Iraga Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda leva dende o ano 2000 axudando a mulleres a cumprir seu soño de ser nais.

As súas instalacións se encuentran en Santiago de Compostela, onde ofrece un servicio integral.

Esta campaña é un segundo chanzo trala elaborada para difundir a doazón de óvulos, que tamén foi elaborada en Trevisani.

Soportes da nova campaña de comunicación de IRAGA

A campaña de IRAGA a prol da conxelación de óvulos conta con distintos soportes:

  • Creación de imaxe pola deseñadora María Pereiro
  • Elaboración de vídeo e álbum de fotos corporativo
  • Elaboración de textos
  • Anuncios en autobuses urbanos de Santiago
  • Redacción e envío de notas de prensa
  • Anuncios en distintas emisoras de radio
  • Contratación de publicidade en redes sociais e google
  • Elaboración de folletos para reparto no propio centro de reprodución asistida
  • Reparto de carteis e folletos a prol da doazón de óvuloscampaña congelación de óvulos de iraga autobús

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *