Trevisani colaborou co I Foro Inventa tu Comunicación
O Foro Inventa Tu Comunicación, congreso promovido por Escuela Inventa, reuniu a máis de 300 persoas no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela
A empresa de organización de eventos Trevisani foi unha das firmas colaboradoras do I Foro Inventa tu Comunicación, evento que se celebrou en Santiago de Compostela os días 31 de marzo e 1 de abril.
Esta cita estivo promovida desde Escuela Inventa e, co eslogan Se podes comunicalo, podes facelo, congregou máis de 300 profesionais e interesados no Auditorio Abanca da capital de Galicia.
A comunicación coma centro do ecosistema profesional e empresarial foi o mantra deste congreso pensado para directivos e profesionais.
Relatores do congreso
Entre os relatores deste evento: Blanca Gómez (Microsoft), Mario Alonso Puig, Víctor Grande, o cociñeiro Pepe Solla, Rosa Yagüe (Coca Cola European Partners Iberia), Hugo Scagnetti (Telefónica España), Carlos Rebate (Indra), Anaïs Pérez (Google) ou Fernando Salinero.
No marco do congreso tamén se coñeceron os finalistas e premiados na primeira edición dos “Premios Inventa tu Comunicación”.
Tarefas de Trevisani no I Foro “Inventa tu Comunicación”
Entre as tarefas nas que se implicou Trevisani coma colaborador do evento “Inventa tu Comunicación” estiveron:
- Secretaría Técnica
- Coordinador e deseño do programa social
- Reservas
- Control e coordinación do directo
- Coordinador e deseño do programa social
- Reservas
- Xestión de relatores
- Xestión de proveedores (Imprenta e catering externo)
- Xestión de asistentes
- Personal auxiliar e azafatas/os
- Sitting Auditorio Abanca
- Protocolo e meseiro na Cena Networking