Guillermo González, campión de Galicia de baristas

O barista Guillermo González Gómez, do Café & Cócktail Bar Moon93 de O Carballiño, formado na Escola Cafento, acadou o título de Campeón Barista de Galicia no campionato celebrado no IES de Foz. Guillermo González representará a Galicia na Final Nacional de Baristas de 2013, que se celebrará en San Sebastián Gastronomika, en outubro.

A segunda posición correspondeu a Raquel San José Díez, de Burela, e a terceira a Luis López Guerreiro, de Viveiro, ambos formados na Escola de Hostalería do IES de Foz.

Guillermo González tamén conseguiu o recoñecemento ao Mejor Latte Art, mentres que Damián Seijas, de Chantada, obtivo o premio ao Mellor Expreso e José Dieste Navazas, de Vilagarcía de Arousa, o correspondente á  Mellor Bebida de Especialidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *