Grande éxito da Olimpíada de Economía celebrada en Santiago
O programa de eventos paralelos á Olimpíada foi ben vizoso
Baixo o lema “Dez Anos de Competencia Perfecta”, celebrouse en Santiago de Compostela a X Olimpíada Española de Economía, os días 25, 26 e 27 de xuño.
Foi a primeira ocasión na que este evento tiña lugar en Galicia.
A Asociación Olimpíada Española de Economía é a impulsora desta cita, creada co obxectivo de promover a divulgación dos estudos de Economía e Economía da Empresa, crear vínculos estables entre o ensino universitario e o ensino medio e premiar o esforzo e a excelencia académica dos estudantes de bacharelato.
Un total de 135 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de toda España, que saíron das súas respectivas fases rexionais, congregáronse na capital galega xunto a docentes e responsables; para un total de máis de 300 persoas implicadas.
Numerosas actividades
O programa social en Santiago, preparado pola empresa de organización de eventos Trevisani, foi moi destacado e contou con:
- Inauguración oficial no Pazo de Fonseca
- Peregrinación dos últimos quilómetros do Camiño de Santiago
- Xantar-romaría tradicional no Monte do Gozo
- Cea e baile de gala no Pazo de Adrán
- Actos na Catedral de Santiago
- Un espectacular flashmob sorpresa na Praza da Quintana de Santiago, coa participación de músicos e bailaríns tradicionais
Pola súa banda, a proba evaluadora constou de tres partes nas que se abordaron os coñecementos teóricos e prácticos en materia de economía xeral e de empresa así como de comprensión e madurez a través dun texto de temática económica publicado en prensa.
Este congreso entrou dentro do programa do 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia, conmemoración que conta coa secretaría técnica de Trevisani.