Unha gran gala para celebrarmos os viños da Denominación de Orixe Ribeiro

gala-evento-ribeiro-secretaria-tecnica-2A Denominación de Orixe Ribeiro viviu a súa gala de entrega de premios anual no Hotel Mosteiro de San Clodio (Leiro, Ourense)

A gala de Premios do Ribeiro foi un grande evento que reuniu profesionais do sector chegados de toda España, coma o sumiller Josep “Pitu” Roca ou o xornalista José Ribagorda.

Trevisani implicouse a fondo coa Denominación de Orixe Ribeiro e con esta gala, cuxo traballo previo comezou con meses de anticipación. Deseño do evento, azafatas, produción de elementos, secretaría técnica, apoio en comunicación, organización de viaxe de prensa especializada, busca de públicos obxectivos, unha montaxe moi creativa… foron algúns dos aspectos que se coidaron.

A actuación de Nova Galega de Danza, os petiscos do cociñeiro do ano no Fórum Gastronómico Diego López (La Molinera, Lalín) ou o entorno máxico foron outros atractivos da cita.

Premiados no evento 

Os Premios da D.O. Ribeiro 2014 destacan tres viños e a distintas personalidades e profesionais do sector.

Viña Farnadas 2013 (Bodegas Pazo de Vieite) recibiu o Premio na categoría de branco de adega;  Manuel Rojo 2013 (Adega Manuel Rojo)  foi galardoado entre os brancos de colleiteiro; e Pazos de Albor 2013 (Alfonso Albor) recibiu o Premio entre os viños tintos.

Josep Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca e divulgador das bondades dos viños do Ribeiro, recolleu o  Premio honorífico “Persoeiro de Honra”.

O xornalista José Manuel Orriols (De Vinos – La Voz de Galicia), recolleu o Premio á “Mellor tarefa de comunicación”. Na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante” distinguiuse a  Abastos 2.0 (Santiago de Compostela); mentres que o galardón á  “Mellor tenda especializada – viñoteca” recaeu na Tenda Gourmet El Corte Inglés; e A Lacena do David (Ourense) recibiu o Premio á “Mellor taberna – bar de vinos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *